¡Hola! Utilizamos cookies propias y de terceros para analizar el uso de esta web y mejorar tu experiencia de navegación. Al continuar navegando entendemos que aceptas nuestra política de cookies.    Más información - Aceptar.
Compostela Monumental
Secciones
Buscar
Síguenos en las redes

O proxecto é posible gracias aos fondos finalistas transferidos polo Servicio Público de Empleo Estatal, a través da Xunta de Galicia

Por algún motivo no se a completado la carga del separador, pincha el botón recargar para intentarlo de nuevo.

Recargar

O curso que principia este venres será impartido pola Orientadora Laboral de Compostela Monumental, Teresa Hernández Armentia.

Santiago.13/7/2022

A Asociación de Comerciantes, Empresarios e Profesionais CCA Compostela Monumental porá en marcha este venres, na modalidade de teleformación, o Curso “COACHING PARA PROCURA DE EMPREGO", impartido pola Técnica Orientadora Laboral Teresa Hernández Armentia.

Esta formación, cun total de 10 horas lectivas, rematará o vindeiro 30 de tullo có seguinte programa previsto: 

COACHING PARA A PROCURA DE EMPREGO

MÓDULO 1: TODO É EMPEZAR:

O coaching é un método, é dicir: unha secuencia de pasos que nos leva a un resultado.

QUE É O COACHING?

ATRÉVESTE A SOÑAR?

OBRADOIRO DE FUTURO.

A ACTITUDE.

APRENDER A RESPIRAR.

MÓDULO 2: O AQUÍ E AGORA... TOMANDO CONCIENCIA:

Neste módulo sentaremos a base da estratexia para acadar o que nos propoñemos. Comenzaremos con algo moi sinxelo... (ou non…), facerse preguntas que para saber qué quero (OBXETIVOS) e qué vou facer para conseguilo (ACCIÓNS).

A RODA DA VIDA.

TIPOS DE PREGUNTAS.

MÓDULO 3: AS METAS:

Cando lle poñemos data a un desexo, o convertimos en meta. E cando dividimos a meta en pasos a dar, estamos elaborando un plan. E por fin, cando facemos eses pasos... estamos a convertir o noso soño en realidade…

TÉCNICA SMART.

OS TEUS OBXETIVOS.

TRABALLANDO METAS.

MÓDULO 4: RECOMPOÑER O PUZZLE:

Dados os pasos principais dun proceso de coaching para acadar obxetivos (a toma de conciencia e a definición de metas) cómpre poñer o acadado fronte a nós e organizalo no PLAN DE ACCIÓN, é o que vai facer posible a materialización dos pasos anteriores, que deixarán de ser unha idea, para ser unha realidade.

MÉTODO GROW.

O TEU PLAN DE ACCIÓN.

CELEBRAMOS OS NOSOS LOGROS.

 

Debemos lembrar que esta acción formativa forma parte dos Programas Integrados de Emprego de Galicia, mediante fondos finalistas transferidos polo Servicio Público de Empleo Estatal, a través da Dirección Xeral de Formación e Colocación.

  COMPARTIR: